Ricardo José Clemente Mella Cea nace ás tres da mañá do 23 de novembro de 1861 na Cruz Verde de Vigo, fillo natural de Dolores Cea Fernández e Antonio José Mella Buján. Nesta mesma cidade e despois dunha vida de continuo activismo e itinerancia, morrería ás dez da noite o 6 de agosto de 1925 aos sesenta e tres años.

A vida e obra de Ricardo Mella constitúen un extenso labirinto de xornais e feitos históricos por compilar posto que a día de hoxe moita da súa obra continua dispersa ou perdida en arquivos e fondos non catalogados. Asemade, as súas relacións persoais e a súa faceta de organizador son aínda unha incógnita dado que Mella, humilde e sinxelo, non se molestou en escribir as súas memorias nin en relatar as súas vivencias e boa cantidade dos seus escritos son anónimos ou asinados con pseudónimo. Deste xeito, foron moitos os textos e os detalles sobre a súa bio-bliografía que se escaparon da historia oficial.

Esta páxina busca elucidar esas lagoas históricas mediante a presentación e liberación de fontes primarias relativas tanto a Ricardo Mella como á súa familia, para así lograr realizar una máis fidedigna biografía deste vigués internacional. No entanto, ao tempo que compartimos esta documentación tamén desexamos que calquera persoa que teña calquera tipo de material relativo a Ricardo Mella nola faga chegar. Estudar a este vigués supón redescubrir a historia do anarquismo galego, hispano e internacional. Let´s do it! Infinitas gracias polas vosas achegas e colaboracións!

Alviach, Puerta del Sol, 14, Madrid (Foto: cortesía de Pilar Fernández)